O Centro Social e Cultural de Estás organiza este domingo, coa colaboración do Concello, a Festa da Bicicleta 2017

 

XXI Festa da empanada de Estás – Tomiño

 

A Comisión de Festas Virxe da Peregrina, de Estás, Tomiño, coa colaboración do Concello de Tomiño e da Comunidade de Montes de Estás, organiza o domingo, 28 de maio, a XXI Festa da empanada de Estás, que nesta edición terá como novidade a empanada de cogumelos, ademais das xa tradicionais especialidades de carne, atún zamburiñas, bacallau, zorza e mexillóns.

 

Entre as actividades programadas durante a xornada, destaca a Festa da Bicicleta 2017, con saída ás 11.15 horas dende o propio centro social. A ruta é para todos os públicos, xa que o percorrido non ten dificultades.

Pola tarde, ás 17.30 horas, haberá un Bingo Social, e amenizando a xornada festiva, estará a Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio.