O CINECLUB POLEIRO OFRECE A PELÍCULA PORTUGUESA CARTAS DE GUERRA, este XOVES, 5 DE ABRIL, NO AUDITORIO DE GOIÁN "Cartas de guerra", do director portugués Ivo Ferreira, é unha adaptación da obra do escritor Antonio Lobo Antúnez, do mesmo nome.

Dentro do ciclo e películas relacionadas coa literatura, escritores e as súas creacións, o vindeiro xoves 5 de abril, ás 21.30 horas, no Auditorio de Goián, o Cine Club Poleiro proxectará o filme “Cartas de guerra”, do director portugués Ivo Ferreira; unha adaptación cinematográfica da obra do escritor Antonio Lobo Antúnez, do mesmo nome, e que trata sobre a guerra colonial de Angola.

 

Sinopse: Relación epistolar entre un soldado médico destinado en Angola, na guerra colonial, que escríbía á súa muller embarazada. Unha fantástica adaptación dun debutante que consegue co branco e negro debuxar a esperanza, a dor da separación, o enamoramento profundo na distancia.

 

Estamos en 1971, en Angola. O exército portugués recluta a Lobo Antunes para exercer como médico nesa zona da guerra colonial. Vai namorándose de África e madurando políticamente xunto a toda unha xeración que atopa nas cartas unha maneira de amarrarse á supervivencia mentres Portugal se enfronta ao fin do imperialismo.

 

O xoves 3 de maio é o turno de “Paterson” escrita e dirixida por Jim Jarmusch. Narra sete días da vida dun conductor de autobús e poeta afeccionado e da súa moza. Un expléndido contraste de vidas. Él, un amante da rutina, ela, soñadora infatigable.

 

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

 

Máis  información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337