03 Nov 2016 O Cineclub Poleiro, propón para esta noite o thriller “Magallanes”

  • Trátase dunha coprodución suramericana sobre as vítimas do enfrontamento entre o goberno peruano e Sendero Luminoso

 

 O Cineclub Poleiro ofrece hoxe, ás 21.30 horas no Auditorio de Goián, a proxección do thriller “Magallanes”. Trátase dunha coprodución de Perú, Arxentina e Colombia dirixida por Salvador do Solar, sobre as vítimas do enfrontamento entre o goberno peruano e o grupo terrorista Sendero Luminoso.

A película forma parte dun ciclo de catro filmes do Cineclub Poleiro. O bono do catro sesións custa 12 euros. Esta iniciativa conta co apoio da Concellaría de Cultura de Tomiño e da Federación de Cineclubs de Galicia.

As próximas proxeccións serán “O Fillo de Saúl”, de Lászlo Nemes (1 de decembro) e “Eu, el e Rachel”, de Alfonso Gómez-Rejón (12 de xaneiro).

 



X