O cineclub Poleiro proxecta o xoves 6 de abril, a película tailandesa “Cementery of Splendour”

O vindeiro xoves, 6 de abril, o cineclub Poleiro , proxecta no auditorio de Goián ás 21.30h, “Cementery of Splendour”, un drama de tintes fantásticos e surrealista dirixido polo tailandés Apichatpong Weerasethakul sobre unha extraña enfermidade que afecta aos soldados.

 

É a séptima película de este director, produtor e guionista de cine independente tailandés galardonado coa Palma de Oro de Cannes en 2010 por “ El tío Boonmee que recuerda sus vidas pasadas”.

 

Sinopse: Unha solitaria ama de casa de mediana idade atende a un soldado coa enfermidade do sono, caendo en alucinacións que desencadean sonos extraños, fantasmas e romances.

 

Críticas:

“ Ainda que lle falte a (…)euforia das mellores obras do cineasta, non por eso está menos chea de beleza. Humor e unha silenciosa e abrumadora emoción. Justin Chang/ Variety

Justin Chang: Variety 

 

Por outra banda, o xoves  4 de maio, pecha o ciclo actual a francesa “Mustang”, dirixida por Deniz Gamze. Un drama contra a sinrazón da relixión, ambientada en Turquía.

O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

Máis  información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337