26 Feb 2016 O Club de piragüismo Miño-Os Teixugos celebra a Copa David Castro no río da Pedra.

A proba será este domingo 28 de febreiro ás 11h00 no río da Pedra.

Na proba participarán os clubes de Mondariz, Dumbría, Mazaricos, Ribadumia, Caldelas de Tui e Darque.

O Clube de piraqüismo Miño-Os Teixugos celebra a primeira competención da liga galega de promoción de slalom que leva por nome Copa David Castro. Esta proba que puntúa na Liga galega de promoción do slálom e na liga galega de augas bravas, acollerá esta domingo aos clubes de Mondariz, Dumbría, Mazaricos, Ribadumia, Caldelas de Tui, e Darque. Máis de 60 nenos e nenas participarán nunha proba na que o clube dos Teixugos repite como clube anfitrión.

O clube Miño-Teixugos, leva dende o ano 1998 adicándose ao piragüismo de augas bravas e actualmente entrena a máis de 30 nenos e nenas. Recentemente, na gala do deporte organizada polo Concello de Tomiño, un dos seus entrenadores, Pablo Pousa, foi galardonado co Premio ao mellor entrenador 2015. Ademáis, un dos piragüistas dos Teixugos, Manuel Ochoa ostenta o título de subcampeón de España de slalom K-1.

A cita será co slálom será este domingo ás 11h00.



X