O club tomiñés “Sen Amarras” organiza este sábado, no parque náutico de Castrelo de Miño, a primeira proba de slálom motonáutica do II Campionato Galego Integrador

O club deportivo tomiñés “Sen Amarras” organiza este sábado, entre as 12:00 e as 19:00 horas, no parque náutico de Castrelo de Miño, a primeira proba slalom motonáutica do II campionato galego integrador.

A principal característica da proba é a integración. Os equipos están formados por persoas con e sen discapacidade, utilizando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela. Sendo máis importante o correcto desenrolo do trazado, e non o tempo de este, por tratarse dunha proba de regularidade.

As inscricións péchanse o 12 de maio, pudendo realizar estas de 3 maneiras diferentes:

Por teléfono: 986623044.
Por e-mail: senamarras@gmail.com.
Nas instalacións de Vontade en c/A Roca en o19B, Tomiño (36740).