O colexio de Barrantes participa dende hai tres anos no proxecto Cooperarte xunto a outros dous centros da provincia

Este ano o tema principal do proxecto é a arte local, co apoio dos artistas da zona, coma Mario Rodríguez, Nando Álvarez, Xuxo Vázquez, Carlos Fernández e Cuqui Piñeiro, entre outros.

O colexio de Barrantes participa dende hai tres anos no proxecto Cooperarte, un proxecto intercentros cos colexios de Principe Felipe en Pontevedra e Juan María de Nigrán.

O primeiro ano exploraron a arte nas súas diferentes manifestacións e expresións; o segundo, centraron o proxecto na arte galega, e este o tema principal do proxecto é a arte local “A través da arte na prehistoria e as nosas manifestacións cercanas a través dos museos ao aire libre que temos na contorna- como as estacións de arte rupestre do monte Tetón, Outeiro dos Lameiros (Baiona), Agua da Laxe ( Gondomar- Serra do Galiñeiro), e moitas máis, así como as mámoas tan presentes na nosa paisaxe- facemos un brinco no tempo para achegarnos as distintas formas de expresión artística na zona de Tomiño. Dende a pintura rupestre, nas covas achegamosnos á pintura local da man de Mario Rodríguez. A construción megalítica do Neolítico atopa o seu salto no tempo da man de Nando Álvarez, Xuxo Vázquez e Carlos Fernández, así como a cerámica con Sonia Maestu e Miguel Santamaría. A idade dos metais atópámola na arte local con Cuqui Piñeiro, e os petróglifos na representación de todos os artistas implicados no proxecto”, explica a directora do centro, Begoña Martínez López.

Dende o Ceip de Barrantes, aseguran que a colaboración que amosaron os artistas “non ten palabras”, xa que o alumnado investigou sobre eles e nos seus talleres achegáronse á arte dende as súas mans, as súas creacións, o seu ben facer pedagóxico e a súa empatía con todo o alumnado. “Isto non sería posible sen a súa disposición a transmitir e dende a escola, entendemos que poñer en valor a arte, como calqueira outra disciplina, pasa por coñecer, transmitir, dignificar o traballo realizado e fomentar o valor do respecto para chegar a súa interiorización”, comenta a directora do colexio.

O vindeiro día 30 de maio terá lugar a III Xuntanza Cooperarte en Tomiño, no que xunto cos artistas de Tomiño e Pontevedra participarán da creación de dúas obras de arte pública entre todos os centros participantes. A directiva do colexio agradece tamén a colaboración de toda a comunidade educativa, e de forma especial, o interese e apoio amosado por parte do Concello para que esto sexa posible”, engade Martínez.

concello tomiño - XUXO VÁZQUEZ proxecto Coperarte_1024x575 concello tomiño -NANDO ÁLVAREZ Ceip Barrantes 1_1024x575