O concelleiro de Deportes fai chegar os seus parabéns aos Teixugos polas novas medallas conseguidas

CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM

29-5-16 (169)

O titular da Concellaría de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso, quixo felicitar públicamente aos compoñentes do Club Deportivo Miño “Os Teixugos”, polo papel desempeñado na 3ª Copa de España de Slálom Olímpico disputada a pasada fin de semana na localidade de Sabero, León, na nova canle de slálom construída no río Esla.

Segundo informa Rosa Fernández Carrera, o club acudiu con oito piragüistas das categorías cadete, júnior, sénior e veterano: Marco Patiño , Laura Soutelo, Manuel Ochoa, Brais Castro, Laura Alonso, Andrea González, Luís Fernández e Emilio Rodríguez. Ariadna Pereira tamén participou, pero de abridora.

29-5-16 (175)

A competición transcorreu ao longo de dúas xornadas, a primeira sábado e a segunda o domingo, sumándose os resultados das dúas. Todos os nosos deportistas deron o mellor de si mesmos, obtendo uns resultados que fai non moitos anos eran impensables no piragüismo de augas bravas galego.

Catro foron os podios acadados: Emilio Rodríguez foi prata na categoría K1 veterano; Luís Fernández, o primeiro galego que optou a unha praza olímpica, acadou a medalla de ouro na categoría C1 sénior; Manuel Ochoa tamén ouro en K1 júnior e Brais Castro bronce en C1 júnior. Luís, Manuel e Brais forman parte do equipo nacional sub 23 que representarán a España no mundial que se celebrará en Cracovia no mes de xullo.

29-5-16 (191)

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou en cuarto posto, por detrás do Atlético San Sebastián, o Santiagotarrak de Irún e o Cadi Canoe-Kayak da Seu D´Urgell.

Non foron as nosas as únicas medallas para os galegos, Sen Siras, Penedo, Tea e Dumbría tamén subiron o podio. Estes bos resultados débense en gran medida a boa labor que están facendo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra no que están becados 6 piragüistas adestrados por Ekhi Díaz.

29-5-16 (185)

FOTOS https://picasaweb.google.com/109529194923691483792/6289802923018888465