O Concelleiro de Obras, Francisco Campo, reúnese cos colectivos de Currás para informar sobre o inicio das obras de humanización do torreiro da parroquia.

O Concelleiro de Obras, Francisco Campo, mantivo unha reunión esta mañán na Casa Social de Currás co fin de trasladarlle aos colectivos da parroquia o inicio das obras de humanización do torreiro da parroquia.

O proxecto de humanización do espazo foi unha das demandas dos veciños e veciñas da parroquia durante a Campaña municipal “O Concello Escoita”. Campaña na que o equipo de goberno visitaba as parroquias para escoitar as suxerencias veciñais.

As obras comezarán a vindeira semana e a súa financiación conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.