10 Xan 2017 O Concello acolle este venres o acto de entrega de diplomas dos cursos AFD impartidos en 2016

O vindeiro venres, 13 de xaneiro, ás 13.00 horas, terá lugar no Concello o acto de entrega dos diplomas aos asistentes aos dous cursos do plan AFD para persoas desempregadas, que se realizaron no segundo semestre do 2016: “Actividades de Xestión Administrativa” (898 horas), e “Instalacións de mantemento de xardíns e zonas verdes” (508 horas).

Na oportunidade, ademais de entregar os diplomas ás persoas que superaron os cursos, se lles explicarán os trámites para obter o certificado de profesionalidade, aos que da dereito estas accións formativas, subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.



X