O Concello acondiciona a praia de Goián e o Espazo Fortaleza, de cara ao verán

DSC_0187 (Copy) Arranxo Praia Goián 1 (Copy)Os efectos das crecidas do río durante o inverno causaron importantes danos, tanto na praia coma no pantalán situado na zona

Mil metros cúbicos de area, serán necesarios para acondicionar a Praia de Goián, situada á beira do Espazo Fortaleza, despois dos danos ocasionados polos temporais e aumento desmesurado do caudal do río Miño durante os últimos meses.

Francisco Campo Lago, concelleiro de Vías e Obras, explica que se trata de obras de carácter excepcional, xa que o estado en que quedaron as instalacións imposibilita totalmente o uso das mesmas por parte da veciñanza. “Son obras de carácter excepcional, que contan con todos os permisos e autorizacións necesarios dos organismos correspondentes (Patrimonio, Rede Natura, Costas, etc.)”, aclara.

Arranxo Praia Goián 2 (Copy)

 

A intervención consistiu concretamente, en reconstruír os accesos ás praias e a zona de duchas, por afundimento, cun investimento que rolda os 20.000 euros.

Arranxo Praia Goián 3 (Copy)

A area necesaria para rechear a praia, é de balde, xa que procede da zona da desembocadura do Miño, onde era necesario dragar o canal do ferry entre A Guarda e Caminha.

Por outra banda, será necesario reconstruír tamén o pantalán, que foi seriamente danado e desprazado do seu lugar orixinal varios metros.

Paralelamente, o Concello está a acondicionar o Espazo Fortaleza de cara ao verán, procedendo á limpeza, corte da herba, e outras tarefas de mantemento e conservación.

DSC_0190 (Copy)DSC_0193 (Copy)