O Concello celebra o venres 17 de outubro ás 20.00 horas, sesión ordinaria de pleno

O Concello de Tomiño celebrará mañá, venres, 17 de outubro, ás 20.00 horas, na Casa do Concello, sesión ordinaria de pleno, con arreglo á seguinte Orde do Día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Modificación de créditos 11/14 financiado con remanente de tesourería.
3. Solicitar prórroga da devolución do reintegro cantidades correspondentes á Participación de Ingresos do Estado.
4. Dar información sobre o cumprimento da normativa orzamentaria.
5. Aprobación inicial Ordenanza Reguladora do procedemento de tramitación de licencias urbanísticas e outros procedementos de Intervención.
6. Dar conta resolucións da Alcaldía.
7. Moción do Goberno Local (recollendo unha solicitude co Consello Escolar Municipal) sobre a modificación regulación comedores escolares non universitarios, dependentes da Consellería de Educación.
8. Rogos e preguntas.