banner-axenda

O Concello celebra un obradoiro de arquitectura práctica co fin de desenvolver aptitudes creativas e sociais a través de dinámicas de grupo Haberá dous niveis e terá lugar o sábado 6 de outubro pola mañá na Casa da Cultura

Xa queda menos para que se leve a cabo o OBRADOIRO DE ARQUITECTURA PRÁCTICA destinado, por unha banda, a persoas adultas (pais, nais, formadoras, docentes…) e por outra, a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Será o sábado 6 de outubro, de 10.30h a 13.30h na Casa de Cultura de Tomiño.

EDUCACIÓN A TRAVÉS DO XOGO

Partindo da arquitectura e do tradicional xogo de bloques de construción, LUPO extende a súa didáctica transversalmente hacia as matemáticas, o debuxo, a física, a arte, a historia, a música ou o deseño. A experiencia LUPO permite ás persoas participantes profundizar en certas habilidades/destrezas de carácter técnico, intelectual, visual (2D ou 3D) e motriz, pero fundamentalmente pretende desenvolver as aptitudes creativas e sociais a través de dinámicas de grupo.

Aprender xogando é o eslogan que guía o proxecto. Lupo é unha ferramenta educativa que desenvolve de modo cooperativo o pensamiento lóxico e creativo con centos de retos e niveis de dificultade e apto para todas as idades ( 3-99 anos ).

MÁIS INFORMACIÓN; http://sistemalupo.ferminblanco.com/

Ademais, xa é posible inscribirse no obradoiro de Defensa persoal feminina, que se celebrará o sábado 24 de novembro en horario de mañá e tarde.
Inscrición de balde neste enlace; https://tomino.gal/defensa-persoal-feminina/
Tamén segue aberto o prazo para a ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO (nenos e nenas a partir de 4 anos e persoas adultas); PROGRAMA REACTÍVATE (actividades variadas para persoas a partir de 60 anos); Tai-chi e charla sobre TRASTORNOS DEPRESIVOS E  ANSIEDADE
Inscricións en: www.tomino.gal