O Concello convoca, co apoio do Obradoiro de Emprego, o 1º Concurso de Fotografía “Tomiño nun click”

A concellería de Turismo e Mocidade convoca este concurso, cuxo prazo de recepción de traballos, será do 1 ao 28 de abril

 

O Concello convoca, co apoio do Obradoiro de Emprego, o I Concurso de Fotografía “Tomiño nun click”.

 

Co obxectivo de reflectir os principais valores e recursos naturais de Tomiño, o seu patrimonio cultural e ofrecer novas olladas sobre os recunchos con encanto, nace o concurso de fotografía “Tomiño nun click”.

 

O certame premiará as mellores imaxes que amosen a riqueza natural e cultural do municipio, e os traballos presentados poderán chegar a formar parte dunha exposición fotográfica.

 

A Concellalía de Turismo e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, convoca este concurso, cuxo prazo de recepción de traballos, será do 1 ao 28 de abril.

 

No marco do proxecto do Obradoiro de Emprego “Dinamización Turística do Concello de Tomiño”, programouse o deseño e desenvolvemento deste primeiro concurso de fotografía turística.

 

O alumnado do obradoiro, das dúas especialidades que se imparten (Turismo e Deseño páxinas web), elaborou as bases, cartaces, páxina web e demais elementos gráficos do concurso, e seguirá a traballar nas actividades e difusión do evento ata a súa resolución.

Dada a importancia que a internet e as redes sociais teñen na actualidade, o concurso “Tomiño nun Click” terá tamén reflexo en Facebook e Instagram.

 

As bases do concurso poden consultarse na web www.tomino.gal/obradoiro/fotografia