O Concello crea unha páxina de Facebook para o mercado municipal

O obxectivo é dar a coñecer o proxecto da nova praza de abastos e captar emprendedores que queiran iniciar o seu negocio

O Concello de Tomiño vén de crear a páxina de Facebook “Mercado de Tomiño” para promocionar o proxecto da nova praza de abastos da localidade.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é dar a coñecer o proxecto do mercado de nova orientación que se pretende instaurar e tamén, captar posibles emprendedores que queiran iniciarse coma comerciantes de produtos gastronómicos dentro do edificio da praza, na actualidade en proceso de reforma.

Nesta nova páxina, as persoas interesadas poderán atopar toda a información relativa ao proxecto, así coma a relacionada coa subasta dos postos, tipo de negocios, etc.

Para máis información, dirixirse á oficina de Emprego do Concello de Tomiño.