O Concello de Tomiño abre ao público un novo aparcadoiro no núcleo urbano do Seixo.

O Concello de Tomiño ven de abriu ao público un novo aparcamento público na rúa A Guarda, a 50 metros da Praza do Seixo.

O aparcadoiro conta con 200 prazas e ven a incrementar as 400 xa existentes e que foran acondicionadas nos anos 2013 e 2014 previamente a remodelación da Praza do Seixo.

O novo aparcadoiro mellorará a xestión viaria e o tráfico no casco urbano. Ademáis, permitirá unha maior comodidade a hora de facer as compras repercutindo na promoción do comercio local.

A reforma do mercado municipal e a remodelación da Praza do Seixo ten repercutido moi positivamente sobre a vida local dinamizando o comercio local.

A Alcaldesa, Sandra González, destaca “a transformación do núcleo do Seixo convertíndose nun lugar dinámico e agradable para as persoas. O novo aparcadoiro, mellorará o tráfico no Seixo facilitando aos veciños e veciñas as súas compras na vila beneficiando aos comerciantes tomiñeses.”