O Concello de Tomiño recupera a aula Abdón Alonso, coa recreación da antiga escola

O Concello de Tomiño, en colaboración coa Fundación Peirópolis e o Colexio Rural Agrupado Manuel Garcés, abriron ao público onte a Aula Abdón Alonso rodeados da expectación e agarimo de ex alumnos e veciños e veciñas da parroquia que nun día histórico quixeron lembrar o seu veciño máis altruista.

Máis dun centenar de veciños se xuntaron no patio da escola, a que todavía hoxe acuden os nenos e nenas da parroquia, para rendirlle unha sentida homenaxe a Abdón Alonso. Setenta e nove anos despois de que a escola Fundación Peirópolis abrira as súas portas, o creador de tan loable obra aparece retratado entre as súas paredes.

Concello Tomiño - aula Abdon Alonso-9 Concello Tomiño - aula Abdon Alonso-2

Abdón Alonso Alonso naceu en Estás no ano 1.873. Con 14 anos emigra a Brasil acompañado do seu irmán Maximino. Establécese en Uberaba onde comeza adicándose ao comercio para con posterioridade desenvolver unha importante actividade empresarial no sector da cal e do arroz.

É nesa cidade brasileira onde levanta varias institucións de beneficiencia ás que lega o seu patrimonio para o seu sostemento. De feito, o nome de Abdón Alonso dá nome a unha rúa en Uberaba.

Na súa aldea natal levantou a escola Fundación Peirópolis a que dotou dos máis innovadores avances pedagóxicos e do que seus veciños e veciñas puideron disfrutar.

Foi tal o legado educativo que Abdón Alonso dotou a súa parroquia, que onte ningún veciño de Estás quixo perderse esta merecida homenaxe a este emigrante que nunca esqueceu a súa terra.

A Aula Abdón Alonso é unha recreación dunha vella aula de escola da época na que se poderá coñecer o material didáctico así como os libros e mapas que se empregaban.

Ademáis catalogouse e arquivouse o material documental e administrativo que a escola produciu dende a súa inauguración alá polo ano 1935.

Durante máis dun ano restauradores, arquiveiros, e demáis persoal especializado ocupáronse da recuperación do material que o Padroado da Fundación Peirópolis custodiou celosamente no inmobre.

Na mañán e tarde de onte interesados en coñecer de primeira man a Aula Abdón Alonso puideron disfrutar dunha visita guiada polo Profesor Manuel Garcés Estévez, antigo profesor da escola que durante 27 anos formou a nenos e nenas de Estás, como o fixera o seu pai Domingo Garcés Campo. Ambos tiveron un papel fundamental na conservación do material didáctico que hoxe podemos visitar nesta Aula.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, na súa intervención recordou “o papel desinteresado de Abdón Alonso co seu pobo, a súa calidade humana como veciño e o agasallo que otorgou aos seus veciños e veciños por varias xeracións”.

A Alcaldesa de Tomiño recordou que “estas pequenas grandes obras que sirven para recuperar a memoria e para valorar o papel fundamental que ten a educación na construción da sociedade do futuro”.

A Aula Abdón Alonso estará aberta ao longo desta semana en horario de 19h00 a 21h30.

Máis información en www.concellotomino.com ou no teléfono 986 622 001

[justified_image_grid]