O Concello de Tomiño acondiciona unha aula de usos múltiples no CEIP Pintor Antonio Fernández

Ademáis, inicia as obras da pista de atletismo do CEP Pedro Caselles.

O Concello de Tomiño ven de acondicionar unha sala no CEIP Pintor Antonio Fernández para usos múltiples. As obras estánse levando a cabo nestas datas de Nadal aproveitando as vacacións escolares. A sala reformouse completamente derrubádonse un antigo escenario de obra, botando chan de madeira e pintando as paredes. A sala servirá para disfrute do alumnado do centro escolar goianés para actividades varias incluido clases alternativas cando non é posible desprazarse ao pavillón por mal tempo.
Ademáis, o CEIP Pintor Antonio Fernández xa disfruta dun portal automático que mellora a seguridade do centro.
No CEP Pedro Caselles tamén se están aproveitando as vacacións escolares para levar a cabo o peche da futura pista de atletismo. Este proxecto incluirá a ampliación da área deportiva de Mosteiro na que xa existen pistas de tennis e pádel que conta cunha grande afluencia.
O Concelleiro responsable destas melloras nos centros educativos, Lois Vázquez, destacou que “concentramos nestas vacacións escolares dúas obras que non podíamos executar co alumano nos centros escolares e que nas vacacións estivais non dera tempo”. Segundo Vázquez “ao longo do 2016 seguiremos mellorando as instalacións dos centros educativos do Concello, de feito, nos novos orzamentos a partida de educación vese favorecida cun incremento orzamentario”.