13 Xul 2015 O Concello de Tomiño aproba a nova estructura do goberno municipal.

O pleno do Concello de Tomiño celebrado na tarde de onte, deu luz verde a composición do novo equipo de goberno. A Alcaldesa, Sandra González, presentou as novas delegacións e a asignación das mesmas aos concelleiros e concelleiras electos no pasado mes de maio.
As áreas delegadas distribúense do seguinte xeito:

Área de Política Económica e estratéxica
• Concellería de Planificación Territorial, Facenda e proxectos estratéxicos: Uxío Benítez Fernández
• Concellería de Medio Ambiente e Optimización dos Servizos Públicos: María Xosé Vázquez Rodríguez
• Concellería de Promoción económica e réxime interior: Antonio Tartaglione Cal

Área de Política Social
• Concellería de Cultura e Servizos Sociais: Ana Cristina Martínez Souto
• Concellería de Turismo, Patrimonio e Mocidade: Fátima Rodríguez González
• Concellería de Deportes: Ismael Troncoso Martínez

Área de Obras, Seguridade e Mantemento
• Concellería de Obras e Saneamento: Francisco Campo Lago
• Concellería de Medio Rural, Mantemento e Persoal: Lois Vázquez Calvo
• Concellería de Seguridade, Tráfico e Alumeado Público: Manuel Álvarez González

A área de Educación non se delega e segue xestionada de xeito directo pola Alcaldesa, Sandra González.
Ademáis, na sesión plenaria deu conta do nomeamento dos tenentes de alcalde que se configuran da seguinte maneira:
• Uxío Benítez Fernández, 1º Tenente de Alcalde
• Ismael Troncoso Martínez, 2º Tenente de Alcalde
• Manuel Álvarez González, 3º Tenente de Alcalde
• Fátima Rodríguez González, 4º Tenente de Alcalde
• Maria Xosé Vázquez Rodríguez, 5º Tenente de Alcalde
A composición da xunta de goberno local e comisións informativas foron aprobadas cos votos a favor do BNG, abstención do CdT e en contra do PP. Pola contra, a designación dos membros do Concello na Mancomunidade do Baixo Miño tamén foron a votación e aprobados co apoio do PP e abstención do CdT.
A Alcaldía, ademáis, propuxo unha periocidade de dous meses para a celebración dos plenos ordinarios. A data para súa celebración acordouse para os derradeiros venres ás 20h.
Seguindo na mesma liña, o pleno da corporación fixou as xuntas de goberno para os luns ás 12h.
No próximo pleno o novo equipo de goberno levará a súa aprobación unha reestructuración das adicacions exclusivas e parciais que viñan exercendo até agora, tendo en conta o novo escenario da futura incorporación de Uxío Benítez como deputado provincial.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou a súa satisfacción por “a constitución deste goberno, formado por persoas implicadas e responsables das que estou segura que levaran a cabo unha excelente xestión municipal. A organización das concellerías levouse a cabo tomando como eixo a disponibilidade e experiencia profesional dos concelleiros electos, consensuando as súas adicacións coa súa labor profesional. Estou segura que os novos concelleiros tomarán o relevo dos compañeiros saintes e que de xeito desinterado adicaron o seu tempo e coñecementos ao servizo do municipio”.
Sandra González explicou que “a nova distribución por áreas funcionariais permitirán unha xestión máis compartida e eficiente”.foto equipo goberno



X