O Concello de Tomiño arranxa as estradas de Gándara a Solvado e Cristelos.

estradas barrantes 1 O Concello de Tomiño ven de rematar as obras de mellora nas estradas de Gándara a Solvado e de Cristelos.

Máis de 40 veciños se ven beneficiados dos arranxos destes camiños que dan acceso a vivendas, fincas e comunican internamente as parroquias de Tomiño con Barrantes. Este investimento, ademáis, permitiu aumentar o acceso do largo da vía mellorando a accesibilidade e a seguridade en ditos camiños.
O Concello de Tomiño beneficouse do Plan Marco (Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal) financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. O investimento foi de 87.000€ dos cales o Concello de Tomiño asumiu o ive.
O Concelleiro de Obras, Francisco Campo, destacou que “este investimento facilitará a accesibilidade e comunicación dos veciños e veciñas das parroquias de Tomiño e Barrantes. Ademáis, ao aumentar o largo da vía de 3 m a 5 m proporciona maior seguridade tanto para os viandantes como para os vehículos”.