O Concello de Tomiño asina coa Xefatura Provincial de Tráfico un convenio para tramitar o cambio de enderezo do carnet de conducir dende as instalacións municipais.

alcaldesa e xefa traficoO Concello de Tomiño e a Dirección Xeral de Tráfico a través da súa Xefatura Provincial veñen de asinar un convenio para tramitar cambios de enderezo no carnet de conducir. A medida evitará que os veciños e veciñas de Tomiño teñan que desprazarse a Pontevedra para xestionar ditos cambios.
Esta sinatura encádrase dentro do marco de colaboración entre ambas entidades co fin de facilitar a xestión administrativa aos veciños e veciñas de Tomiño.
A partires da vindeira semana, as persoas que precisen modificar o enderezo do carnet de conducir poderán facelo nas oficinas xerais deste Concello.