O Concello de Tomiño celebra as festas patronais do Alivio con exposición, actuacións musicais, actividades infantís e homenaxe a María Cuña Cuña.

O Concello de Tomiño ven de inaugurar a Exposición Alivio que dá comezo a semana cultural das festas patronais do Alivio.
Este ano a programación cultural volve a apostar polo arte tomiñés cunha exposición conxunta de artistas locais destacados na escultura e na pintura. Carlos Fernández e Luis Álvarez expoñen o seu traballo en pedra. Pola súa parte, Ignacio Moure dá mostra da súa capacidade inventiva coa exposición de pezas en madeira e materiais reciclados que xunto coa cerámica de Xuxo Malone sorprenden nunha exposición que volve a recordarnos que Tomiño é xérmolo de escultores.
O traballo pictórico aportónano a consagrada Orlanda Gómes e o xoven Luis Miguel Souto que tintan de cores a Casa da Cultura, espazo onde se celebra esta mostra.
A exposición foi inaugurada hoxe venres ás 20h00 e permanecerá aberta até o 14 de setembro en horarios de 11h a 13h e de 18h a 21h.
A programación cultural do Alivio ademáis inclúe actividades infantís para os máis pequenos que se celebrarán o luns, martes e mércores na Praza do Seixo en horario de 20h a 21h30.
O luns será o turno do cinema coa proxección do filme Bob Sponja: un héroe fora del agua. O martes contaremos con inchables e a caixiña de mistos. E xa o mércores a actuación da compañía Trimentes co seu espectáculo cómico de mímica e música Operacion Tri-unfo. Toda unha cita para os máis pequenos.
O Xoves, tamén ás 20h00 e na Praza do Seixo, disfrutaremos da actuación da Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes .
E xa finalmente o domingo 13 de setembro, terá lugar o acto cívico do Alivio. Será ás 11h00 na Praza do Seixo e rindiráselle un merecido homenaxe a María Cuña Cuña.
María Cuña Cuña, é coñecida en Tomiño como Maruja e durante máis de 40 anos vendeu legumes e flores no mercado. Reside na parroquia de Forcadela onde foi das primeiras veciñas que se adicaron profesionalmente a explotación agraria de legumes e flores.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González destaca “ a importancia da programación cultural municipal que combina actividades para todos os públicos”. Referíndose ao acto cívico do Alivio, a Alcaldesa resaltou a “homenaxe a Maruja, que será un evento entrañable e simbólico xa que a protagonista será unha muller adicada a explotación do campo e a venta dos seus productos hostícolas nos mercados. Exemplo simbólico de moitas mulleres que co seu esforzo e traballo incansable fixeron deste Concello a horta de Galicia”.