O Concello celebra con versos de Rosalía de Castro o aniversario da célebre escritora galega

O vindeiro martes, repartiranse pegatinas con versos da poetisa entre o alumnado dos centros educativos e usuarios/as do mercado municipal

O Concello de Tomiño celebrará o vindeiro martes, 24 de febreiro, o aniversario do nacemento da poetisa e escritora Rosalía de Castro. Para a ocasión o Concello agasallará ao alumnado de todos os centros educativos do municipio, de nivel Infantil, Primario e Secundario, asó coma aos usuarios e usuarias do Mercado Municipal, cunha pegatina alusiva, con versos consagrados da poetisa galega.