O Concello de Tomiño celebra o xoves sesión ordinaria de pleno A sesión celebrarase no Salón de Plenos, a partir das 21.00 horas

O Concello de Tomiño celebra mañá, xoves 15 de xuño, ás nove da noite, sesión ordinaria de pleno.

A Orde do Día ten seis puntos:

  1. Aprobación actas anteriores.
  2. Aprobación provisional Modificación Nº 8 do PXOM relativa á configuración de espazos públicos e usos no núcleo urbano de Goián.
  3. Execución sentenza inventario.
  4. Aceptación ampliación prazo cesión terreos Carballa.
  5. Dar conta resolucións Alcaldía.
  6. Rogos e preguntas.

 

A sesión levarase a cabo no Salón de Plenos, recentemente reformado co fin de facelo accesible e máis funcional.