O Concello de Tomiño celebra o primeiro aniversario do mercado municipal cun espazo gastronómico no primeiro andar.


A actividade forma parte da programación Nadal no Mercado.
O mercado de Tomiño sairá o vindeiro 24 de nadal no programa Larpeiros.

O Mercado de Tomiño celebra o seu primeiro aniversario cun espazo gastronómico no primeiro andar. Trátase dun encontro gastronómico no que haberán viños, cervexas e tapas elaboradas cos productos frescos do mercado servindo o primeiro andar do mercado dun espazo de encontro nestas datas de Nadal.
A actividade forma parte da programación de Nadal no Mercado e estará aberta dende hoxe até o 5 de xaneiro, víspera de Reis, no horario de mañán de 12 a 14h e de 20 a 22h.
Ademáis, o vindeiro 24 de Nadal coincidindo coa Noiteboa, emitarase no programa de Larpeiros a visita ao mercado de Tomiño que os seus protagonistas fixeron coa excusa de mercar productos frescos para os pratos especiais de Nadal.
En pouco tempo, o primeiro andar do mercado albergará dous novos postos que están a piques de ser adxudicados, respondendo a dinamización económica da que se está beneficiando o núcleo comercial do Seixo.