O Concello de Tomiño clausura esta tarde a segunda edición da Semana Saudable tras cinco días de programación.

Un obradoiro sobre interpretación da folla do SINTROM, unha conferencia sobre odolontoloxía impartida por Ignacio Rodríguez Núñez e “os nosos alimentos, as nosas medicinas” serán os contidos desta última xornada.

A segunda edición da Semana Saudable chega ao seu fin. O Concello de Tomiño quixo celebrar o Día Internacional da Saúde, 7 de abril, cunha semana de conferencias e obradoiros centrados en temas de relevancia para as familias.
A Semana Saudable comezou o pasado luns adicando a xornada ao estrés e a meditación. O martes foron as problemáticas relacionadas coa mocidade as que protagonizaron os dous obradoiros: os abusos das novas tecnoloxías e o consumo de alcohol e drogas na adolescencia, ambos temas de especial interese para as familias.
O mércores, foi a sexualidade e o parto as cuestións sobre os que versaron o obradoiro de Nuria Peláez e a conferencia da Doutora Isabel Pardiñas.
Conmemorando o Día da Saúde, onte xoves, acupuntura e beneficios do ioga centraron as xornadas cun público que participou de ambos talleres.
Na tarde de hoxe, e xa rematando coa programación, contaremos cos obradoiros de alimentación saudable da man do osteópata e naturópata Francisco Pérez Varela titulado “os nosos alimentos, as nosas medicinas”. Susana Daviña Romero e Juan Carlos Varela Alonso, enfermeros do centro de saúde de Tomiño, ofrecerán un obradoiro práctico sobre como interpretar a folla do SINTROM.
E finalmente, o odontólogo Ignacio Rodríguez Núñez nos falará de como as doenzas das encías afectan a saúde en xeral.
Máis de 500 persoas asistiron a estas xornadas nas que todos os obradoiros foron gratuitos e contaron con servizo da gardería para os máis pequenos.
Cristina Martínez, Concelleira de Benestar, destacou “o compromiso do Concello de Tomiño por mellorar a saúde mental e física da poboación”.semana saudable