O Concello de Tomiño coloca contedores de vidrio con carga industrial.

Máis de doce contedores de vidrio foron colocados en puntos estratéxicos do municipio.

O Concello de Tomiño ademais está levando a cabo un proxecto de composteiros comunitarios para os núcleos de O Seixo e Goián.

O Concello de Tomiño ven de colocar unha ducia de contedores de vidrios con carga industrial en diferentes puntos do municipio. En algúns lugares, sustituise o existente por este de maior capacidade e noutros colocouse por primeira vez.
A unidades veñen a reforzar puntos nos que era preciso ampliar a capacidade do contedor e incrementar as datas de recollida, como son os núcleos do Seixo e Goián nos que a concentración de vivendas e de locais de hostelería supoñen un incremento de residuos de vidrio.
Nos núcleos do Seixo e de Goián tamén se está a levar a cabo un proxecto de composteiros comunitarios co fin de paliar os residuos que van ao contedor verde e que supoñen un grande custo para as arcas municipais e polo tanto para os veciños e veciñas. O Concello de Tomiño concurrirá a convocatoria da Deputación de Pontevedra para instalar composteiros comunitarios en núcleos urbanos.
A Concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, destacou a “importancia da xestión de residuos de xeito responsable”. Segundo Vázquez “a longo deste ano levaremos a cabo diferentes iniciativas co fin de fomentar a reciclaxe e medidas que melloren a efectividade do servizo de recollida de lixo”.