O Concello de Tomiño continúa investindo en saneamento e no que vai de ano destinou máis de 770.000€

O Concello de Tomiño remata o exercicio orzamentario con máis de 770.000€ investidos en saneamento. As actuacións neste 2015 centráronse, por un lado, en dotar de servizo de alcantarillado os barrios de San Benito (Tomiño), Os Bravos (Estás) e Rexidouro, Camiño Novo, A Val e Lameira; e por outro lado, en facer ramales que conectan zonas inconclusas en varias parroquias. En Goián, Gándara, San Lourenzo e Tollo; en Tomiño, en Salgosa, Pego, Vilar e San Benito ; e en Forcadela, Ramo, Vilardematos e Aldea. Ademáis, arranxouse os problemas de saneamento en Tomiño provocados polas diferenzas de nivel instalándose unha máquina de bombeo no Pego.
Os saneamentos de Os Bravos e San Benito fixéronse con cargo ao PUSIM 2014 (Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais) procedente da Deputación de Pontevedra. Os Bravos contou cun orzamento de 182.685€ e San Benito de 235.913€. Ambos investimentos suporán que máis de 100 vivendas terán acceso ao alcantarillado.
Ademáis, este ano iniciouse o saneamento que dará servizo aos barrios de Rexidouro, Camiño Novo, A Val, Lameira e Pazos. A obra contará con tres fases cuxo primeira ven de ser concluida neste días dotando a estes lugares dun colector que nun segunda fase, xa licitada, enganchará co colector en Mosteiro. Finalmente, procederase a facer os respectivos ramales que beneficiarán a máis de 400 vivendas. O orzamento total do saneamento de Rexedouro suporá 417.535,58€.
O Concello de Tomiño ademáis, destas grandes obras ten investido en tramos secundarios financiado con fondos propios. En Goián, levaronse a cabo ramales nos barrios de Gándara, San Lourenzo e Tollo beneficiando a máis de 40 vivendas. En Tomiño, deuse servizo a 30 familias en pequenos tramos que quedaran pendentes por problemas de dispersión poboacional nos barrios de Vilar, Pego, San Benito e A Pedra. En Forcadela, conectáronse 31 vivendas nas zonas que quedaran pendentes en barrios de Aldea, Souto, Gabín, Ramo, Vilardematos e Sobrelaveiga.
O Concelleiro de obras, Francisco Campo, sinala que “o Concello de Tomiño segue priorizando a extensión da súa rede de saneamento. Ao longo deste ano, téñense invertido fondos propios e doutras administracións co fin de paliar a deficitaria situación do servizo existente con anterioridade. Nos últimos oito anos a máis de 1.500 vivendas e extendido máis de 63.736 metros de alcantarillado.”