O Concello de Tomiño contrata temporalmente a 30 persoas en situación de desemprego.

O Concello de Tomiño ven de contratar a 30 persoas para desempeñar diferentes ocupacións municipais. A selección fíxose entre persoas en situación de desemprego e que ou ben non percibían prestación ou ben percibían prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos de subsistencia como RISGA, RAI ou PREPARA.
O contrato será de dous meses e comezarán o vindeiro 1 de novembro. As persoas contratadas ocuparán labores varias como xardinería a que irán destinadas doce traballadores en calidade de peóns de horticultura e un tractorista manipulador agrícola. Para labores de albanería e contrucción, son empregados nove traballadores repartidos en peóns de contrucción, albaneis oficiais de 1ª e de 2ª e pintores. Ademáis, procedeuse a contratar a dous carpinteiros e dous electricistas (instalador electricista oficial 2ª e axudante). Para oficinas, os postos a ocupar son os de empregado administrativo e o de técnico administrativo.
Estas contratacións son beneficiarias do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015 pola cal a Deputación de Pontevedra concede 58.390,80€ ao Concello de Tomiño para contratar a persoas desempregadas por un período de dous meses.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, declarou que “o Concello verá incrementada a súa plantilla de xeito temporal reforzándose con novo persoal servizos de mantemento que permitirán por a punto non só as limpezas de camiños senón tamén levar a cabo pequenas obras de carpinteiría e albanería”. Sandra González, destacou “a importancia deste tipo de contratacións xa que o Concello conta cunha reducida plantilla de persoal fixo para poder cumplir satisfactoriamente os traballos de mantemento que nos corresponden como administración pública”.