O Concello contratará a 25 persoas desempregadas a través do Plan dos Concellos 2017

O Plan dos Concellos 2017 suporá un investimento de 253.981 € na contratación de persoal para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

O Concello de Tomiño abre o prazo de convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos 2017) que suporá a contratación de persoal destinado a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
A través deste Plan contrataranse a 25 persoas desempregadas que deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación cos seguintes códigos:

• 8 Peóns de xardinería, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2017. (95121019) (80)
• 3 Peóns de xardinería, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2017. (95121019) (80)
• 2 Peóns da construción de edificios, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2017. (96021013) (80)
• 1 Albanel Oficial 1ª, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2017. (71211015) (40)
• 1 Carpinteiro en xeral, especialista, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2017. (71311049) (70)
• 1 Carpinteiro en xeral Oficial 1ª, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2017. (71311049) (40)
• 1 Condutor-operador de retroescavadora Oficial 2ª, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2017. (83311174) (50)
• 1 Instalador electricista en xeral oficial 1ª, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2017. (75101033) (40)
• 1 Instalador electricista en xeral, especialista, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2017. (75101033) (70)
• 1 Mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial 2ª, contrato 8 meses, inicio previsto 1/04/2017. (74011034) (50)
• 1 Soldador de estruturas metálicas lixeiras, especialista, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2017. (73121051) (70)
• 1 Condutor-operador de maquinaria forestal con motor en xeral (tractor con rozadora) Oficial 2ª, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2017. (83221013) (00 Sen categoría laboral determinada)
• 2 Técnicos administrativos en xeral (categoría Oficial administrativo), contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2017. (36131039) (00 Técnico)
• (*)1 Pedagogo/a/Educador social/ Mestre de primaria (categoría axudante titulado), contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2017. (23211052/28241056/22401012) (00 Técnico)

Para máis información, na Oficina de Emprego de Tui ou na Oficina de emprego e desenvolvemento local do Concello de Tomiño.