O Concello de Tomiño contratou traballadores desempregados que non cobraban prestación.

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Tomiño unha axuda de 125.456,40€ dentro do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, para a contratación de 30 traballadores desempregados que non cobrasen prestación algunha excepto Risga, RAI ou Prepara, cunha duración de 6 meses e unha xornada de 25 horas semanais. As persoas seleccionadas para cubrir estas prazas iniciaron a prestación dos seus servizos no Concello o pasado 1 de abril.



X