10 Out 2017 O Concello de Tomiño convoca a selección de persoal para os cursos AFD Para os cursos: Actividades de xestión administrativa na relación co cliente e Sistemas Microinformáticos

Visto a Resolución de concesión de cursos AFD Vía Ordinaria da Xefatura Territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria notificada con data 23 de agosto de 2017, pola cal se nos concedían os cursos de formación ocupacional de Actividades de xestión administrativa na relación co cliente (nº 2017/103200) e de Sistemas Microinformáticos (nº 2017/103185).

Dado que o Concello de Tomiño non conta co persoal docente que reúna os requisitos precisos para a impartición destes cursos nos prazos esixidos; que os mesmos supoñen unha acumulación de tarefas administrativas durante as súas fases de posta en marcha, xestión e xustificación; e que de non levarse a cabo limitaríamos as posibilidades de mellora da formación das persoas desempregadas da nosa localidade. Todo isto convirte nunha necesidade urxente e inaprazable a contratación do persoal necesario para o desempeño das devanditas funcións.

Adxuntamos a continuacón as bases reguladoras, a modificación das mesmas e o impreso para a selección de persoal, o cal debe ser cumprimentado e entregado como se indica nas bases. A data límite de presentación de solicitudes e o luns 16 de outubro de 2017

Documentación:

170799 Bases contratación persoal AFD

170801 Modificación bases contratación persoal AFD

Impresos persoal AFD



X