23 Xul 2015 O Concello de Tomiño e a asociación para a divulgación da cultrua da cervexa artesá galega organizan o primeiro festival da cervexa artesá.

O Concello de Tomiño e a Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá de Galicia organizan o primeiro festival da cervexa artesanal na praza do Seixo e no mercado de Tomiño. O evento será do 31 de xullo ao 2 de agosto.
A programación comeza no venres 31 de xullo ás 20h00 coa apertura dos postos de elaboradores de cervexa na Praza do Seixo. Esa mesma noite, cea e música en vivo na carpa Xarrarriba co dúo Jenni&Nico.
O sábado haberá actividades todo o día tanto no mercado como na praza do Seixo.
No mercado ás 11h00 Natalia Brew dará unha charla profesional sobre a Limpeza e hixiene dos materiais de fabricación.
Ás 12h30 presenterase a viñoteca do mercado e ás 13h00 demostración de elaboración de cervexa artesanal.
Na praza do Seixo, os stands abriranse ás 12h00 e novamente a partires das 22h00 cea e música en vivo na Xarrarriba coa actuación de Emilio Rúa.
Xa o domingo, poderemos disfrutar da cata de cervexa artesanais e de bolos ás 13h00 no mercado. As actividades rematarán ás 16h00 na Praza do Seixo.
O festival da cervexa artesá forma parte da programación de eventos municipais de promoción do mercado municipal e do comercio local.



X