O Concello e a Asociación para a divulgación da cultura da cervexa galega organizan esta fin de semana a feira da cervexa artesá

O evento terá lugar o sábado 21 e o domingo 22 no mercado municipal do Seixo

Os afeccionados a cervexa artesá están de sorte esta fin de semana, xa que poderán probar ata 25 clases diferentes, participar nun concurso de lotes de cervexa e ata aprender como se elabora.

O Concello de Tomiño en colaboración coa Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá galega, organiza este evento que terá unha duración de dous días; sábado 21 e domingo 22 no segundo andar do recén transformado mercado de Tomiño.

O praceiros e os establecementos hostaleiros de Tomiño: O Buraquiño e Nueva Colina, serán os encargados da parte gastronómica desta feira, con pinchos e tapas que os visistantes poderán comprar nos postos do mercado e degustar na área de estar do segundo andar no que se atoparán os 8 artesáns cerveceiros que participan neste evento.

O sábado en horario de 20:00 a 22:00h e o domingo de 12:00 a 14:00 o grupo pop rock Acevedos Delgados actuará en directo para amenizar esta primeira feira celebrada no Mercado de Tomiño.

Coa celebración desta feria o Concello de Tomiño pretende dar a coñecer o novo mercado e promocionar o comercio local. Esta tamén será unha boa ocasión para dar a coñecer o segundo andar que no futuro estará adicado a gastronomía e servizos. Os interesados en coñecer este espazo ou en abrir un negocio neste recinto, terán unha oportunidade única de velo en funcionamento.

A feira estará aberta de 11:00h a 01:00 da mañá. O sábado as 17:00h terá lugar o curso de fabricación de cervexa artesá e o domingo pola tarde se realizará o sorteo de lotes de cervexa artesá.