O Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira foron premiadas pola Asociación de Amigos do Couto Mixto.

O Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira foron premiadas este sábado en Randín pola Asociación de Amigos do Couto Mixto. O colectivo distingue o traballo conxunto dos dous municipios que baixo os lemas de colaboración e cooperación teñen xestionado proxectos conxuntos e compartido axendas culturais e deportivas.
Luis García Mañá, presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto, entregou aos dous alcaldes a chave das aldeas de Couto Mixto e nomeounos Xuíces Honorarios.
A entrega do premio estivo rodeado dunha simboloxía especial xa que foi no Couto Mixto, na raia ourensá, onde galegos e portugueses viviron con total autonomía de ambos países.
Calvos do Randín será o concello escollido para celebrar un evento no que o mundo da cultura galega se deu cita para lembrar unha vez máis os lazos que unen a ambos países.
Os outros premiados foron a escritora Concepción Sanz Ferreiro e o inxeñeiro Jose Lamela Bautista pola súa labor cultural no Couto Mixto.
Os habitantes das tres aldeas que constitúen este territorio autónomo foron anfitrións deste evento. Os actos iniciáronse ás 12h na aldea de Santiago de Rubiás e celebrouse un xantar de convidio entre os veciños e visitantes.