O Concello de Tomiño está a levar a cabo un proxecto de promoción de novas iniciativas empresarias centradas no comercio e na hostelería.

O Concello de Tomiño está a levar a cabo un proxecto de promoción de novas iniciativas empresariais centradas no comercio e na hostelería. O proxecto contará cun catálogo de persoas adicadas a actividade artesanal tanto a nivel profesional como aficionada.
O eido no que se centrará o catálogo inclúe dende producións artesás, a ecolóxicas, tradicionais, caseiras relacionadas coa alimentación, ou mesmo traballos relacionados coa pedra, madeira, bordado, etc.
Para esta primeira fase do proxecto, estase recadando información a nivel parroquial co fin de crear un catálogo completo. A información veciñal é fundamental para poder levar a bo fin o proxecto.
As persoas interesadas poden dirixirse a Oficina de Desenvolvemento Local. Para máis información poden contactar a través do mail tle@concellotomino.com.



X