O Concello de Tomiño exporá os resultados do traballo levado a cabo coa Universidade de Vigo no xacemento romano de Currás

O Concello exporá os resultados do traballo levado a cabo coa Universidade de Vigo no xacemento romano de Currás, a partir do verán do 2013

Os traballos foron dirixidos polo Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Vigo e consistiron na excavación e estudo do estado do xacemento romano de Currás, cuxos resultados exporanse agora na Casa da Cultura, entre os días 25 de outubro e 9 de novembro.

A inauguración será o sábado 25 de outubro ás sete da tarde e a mostra, na que poderán verse tégulas e outras pezas, permanecerá aberta todos os días, en horario de mañá e tarde (de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.oo horas).



X