O Concello de Tomiño inicia as obras de III Fase do Autorio de Goián para acondionalo como escola de música.

O Concello de Tomiño iniciou as obras da III Fase de Acondicionamento do Auditorio de Goián como escola de música. Máis de 150 nenos e nenas do municipio se verán beneficiados das melloras nas instalacións do auditorio.

As obras consistirán na mellora e acondicionamento de catro novas aulas que se engadirán aos espazos reformados nas fases I e II. As obras destas primeira fases foron estreadas o pasado mes de marzo nun evento no protagonizado polo Concerto da Agrupación Musical de Goián.
Os espazos acondionados nestas primeiras fases crearon espazos adaptados ás necesidades da escola de música e permitiron unha total autonomía para a práctica formativa musical e para o espazo adicado ás actividades e espectáculos culturais.
Dende o mes de marzo, os alumnos e alumnas de música dispoñen dun local de ensaio, biblioteca-fonoteca, sala de profesores e aula que agora se verán complementados con novos espazos para a impartición das clases.
Esta fase tamén inclúe a reforma das fachadas traseira e lateral, homoxeneizando o exterior do auditorio.
As obras estarán rematadas a volta de vacacións de verán e das que poderán disfrutar os alumnos e alumnas do municipio no novo curso escolar.
O orzamento é de 126.000€ cuxos fondos proceden de Europa a través do Programa Leader. As anteriores fases foran asumidadas integramento polo Concello de Tomiño e a última fase correrá a cargo dos orzamentos da Deputación de Pontevedra.
A última fase consistirá na creación dunha nova aula, de camerinos para o auditorio e dun acceso directo ao escenario adaptado ás necesidades actuais.
A escola de música levaba funcionando dende hai máis de 10 anos e ten formado a varias xeracións de músicos como Andrés Álvarez, recoñecido compositor musical.
A Alcaldesa de Tomiño destaca “a importante labor que a escola de música ten desenvolvido ao longo destes anos e que ten permitido que nenos e nenas de Tomiño poidan recibir formación musical de calidade. O proxecto da acondicionamento do auditorio revertirá na formación dos máis de 150 alumnos e alumnas que ao longo do curso asisten a escola de música”.