O Concello de Tomiño inicia as obras de saneamento no barrio de San Benito.

Esta semana comezan as obras de saneamento no barrio de San Benito (Tomiño). A obras van con cargo aos fondos PUSIM (Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais) por valor de 220.000. O barrio de San Benito tense beneficiado este mesmo ano dun tramo secundario sufragado con fondos propios que deu acceso ao saneamento a unha decena de vivendas, que se verán incrementadas considerablente en 76 vivendas co incio desta nova obra.
O Concello de Tomiño iniciará o vindeiro mes o saneamento do barrio de Camiño Novo virá acompañando da extensión da rede aos barrios colindantes de Rexidouro e A Val cuxas obras están pendientes de saír a contratación. Esta infraestructura sumará a un centenar máis de casas que o vindeiro outono poderán estar enganchados a este servizo básico.
Nos últimos meses teñense beneficiado das obras de saneamento máis de 200 vivendas. Saneamento dos Bravos en Estás que dará servizo a máis de 40 vivendas está a piques de rematar, así como o de San Lourenzo e Gándara en Goián do que tamén se beneficiarán máis de 40 vivendas.
Os barrios de San Benito en Tomiño e Vilardematos, Ramo e Sobrelaveiga de Forcadela a piques de finalizar darán acceso a saneamento a un centenar de vivendas.
No que vai de ano o Concello de Tomiño ten invertido 1.256.618€ en extender a rede de saneamento sendo beneficiadas máis de 300 vivendas, ás que se lle suman melloras na rede como o bombeo do Pego.
O Concelleiro de obras, Francisco Campo, sinala que “o Concello de Tomiño segue priorizando a extensión da súa rede de saneamento. Ao longo deste ano, téñense invertido fondos propios e doutras administracións co fin de paliar a deficitaria situación do servizo existente con anterioridade. Nos últimos oito anos a máis de 1.500 vivendas e extendido máis de 63.736 metros de alcantarillado.”foto saneamento san benito-to