O Concello de Tomiño insta a Xunta de Galicia a que remate o proceso de concentración parcelaria tras 22 anos de trámitación.

O pleno municipal de Tomiño ven de aprobar por unanimidade unha moción pola cal se insta a Xunta de Galicia a axiliar a tramitación do proceso de concentración parcelaria Estás-Goián-Figueiró iniciado hai 22 anos.
O proceso de concentración parcelaria Estás-Goián-Figueiró atópase nunha situación de estancamento dende o ano 2006 causando un grave prexuizo para os veciños e veciñas afectadas que non teñen acceso a iniciativas de emprendemento nin a créditos para por en funcionamento ditas terras, e para o sector agrario, maioritariamente planta ornamental, kiwi e viñedos que impiden a ampliación das zonas de cultivo.
A explotación agraria, motor económico do municipio ve entorpecido e ralentizado a súa expansión e polo tanto desprotexido a nivel competitivo por mor dun proceso inacabado por falta de interese da Xunta de Galicia que ten intención de iniciar novos procesos de concentración parcelaria sen finalizar os abertos.
O pleno da Corporación municipal ante o estancamento do procedemento visibilizado polo feito de todos os veciños integrantes das comisión de parcelaria xa faleceron, acordaron instar a Xunta de Galicia a activar o proceso e a facilitar iniciativas orientadas ao Banco de Terras.
O proceso de concentración parcelaria en Tomiño iniciouse no ano 1993 con dúas zonas: Os Panascos e Estás-Goián-Figueiró. No ano 2007 sendo Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, entregáronse os títulos da zona Os Panascos, terreos próximos a ribeira do río que inmediatamente foron posta en explotación por particulares e por empresas viveirísticas con planta ornamental. A zona de Estás-Goián-Figueiró quedou paralizada no punto de aprobación por parte da Dirección Xeral do trazado e presentación de fincas. Falta polo tanto a última fase referida a reorganización da propiedade e, por ende, a confección dos novos títulos de propiedade, acta de reorganización na que se inclúen xestións notariais, rexistro da propiedade, tramitacións con facenda,… e finalmente a entrega dos títulos.
Na sesión plenaria celebrada esta tarde, tamén se aprobou inicialmente a modificación do inventario de camiños a petición da Comunidade de Montes de Currás para a devolución da titularidade de varias pistas forestais.
Tamén, é de reseñar o acordo institucional adoptado moción por consenso dos catro partidos que conforman a corporación (BNG, PP, CdT e Psoe) contra as violencias machistas.