13 Out 2015 O Concello de Tomiño leva a cabo melloras nas instalacións e no equipamento do mercado municipal.

O Concello de Tomiño está a levar a cabo melloras de eficiencia enerxética e de equipamentos e servizos no mercado municipal.
Os investimentos inclúen unha instalación de climatización e un sistema de control solar dos lucernarios da cuberta. Ademáis, o primeiro andar contará con melloras no sistema de ventilación e iluminación así como no que equipamentos se refire como servizos de rede wifi ou fío musical.
Os espazos lúdicos-gastronómicos e áreas de servizo tamén se benefician deste investimento aumentándose zonas alicatadas e equipamentos nos aseos.
Por outra banda, os praceiros e praceiras tamén se benefician dunha liña formativa ou mentoring orientado ao fortalecemento de técnicas de venda.
Ademáis, o Concello de Tomiño está a levar a cabo unha campaña de promoción do mercado municipal que inclúe tanto actividades formativas como lúdico-culinarias.
As actividades formativas comezaron o martes co curso de cociña para homes e que contará con dúas sesións máis nas que os alumnos aprenderán a cociñar varios pratos de carne e verduras.
A promoción do mercado municipal ademáis conta cunha campaña na que os praceiros e praceiras colaboran de xeito directo: “mercando con xeito”. Esta actividade consiste en achegar aos usuarios do mercado coñecementos básicos da alimentación e dos productos frescos que se adoitan vender nos mercados. Nos referimos, a información das partes da ternera e o seu uso culinario ou coñecementos sobre as variedades de peixe que se comercializan nas prazas de abastos e os xeitos de cociñalos.
Ademáis, e tras o éxito obtido na anterior edición, volta “sábados con sabor”. Mañán sábado a carnicería Jose Rodríguez e a Viñoteca do mercado será os encargados de ofrecer dous pratos (asado de costela de porco agridulce e polo ao curry vermello) e dous viños (Ponte da boga mencia Ribeira Sacra e Quinta do Couselo-Rosal) polo prezo de 5€. A degustación será de 13h30 a 14h30 e os tickets podense mercar no mercado municipal.

Estas actividades de promoción do mercado municipal así como os investimentos e o mentoring para os praceiros e praceiras son financiados pola Consellería de Economia e Industria incluidos na liña de subvencións destinada a mellora dos mercados municipais.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou a importancia de “investir no equipamento do mercado municipal de cara a unha maior eficiencia enerxética e de cara a mellorar en servizos que repercutan nos veciños e veciñas”. A Alcaldesa engadiu que “estes investimentos fanse con cargo a unha liña de subvencións da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Desta liña de axudas tamén se beneficían os praceiros e praceiras adquirindo formación en técnicas de venda”.



X