O concello de Tomiño organiza a súa primeira edición do Día do Orgullo LGTBI A Xornadas están organizadas polo Voluntariado de Tomiño

O Concello de Tomiño organiza a súa primeira edición do Día do Orgullo LGTBI. Unha iniciativa que xorde ante a necesidade de visibilizar a homesexuais, bisexuais e transexuais no rural e facelo como unha vía de reinvindicación de oportunidades. Unha iniciativa que procura que Tomiño sexa un espazo de activismo transformador e no que o conxunto da comunidade participe de xeito directo.

A Xornadas terán lugar o sábado 30 de xuño no Río da Pedra (Tomiño) e presenta un modelo de celebración lonxe do consumismo e lecer nocturno. Será un encontro dirixido a todos os públicos que comezará ás 11:30 h. A Xornada contará con sesión vermú ARTESÁ, conferencias, obradoiros, concertos, danza, sesión DJ e actividades sorpresa. O I Día do Orgullo LGTBI é un actividade organizada polo Voluntariado de Tomiño que pechará entorno ás 20h00 coa lectura do manifesto.