O Concello de Tomiño organiza “Nadal no mercado”.

O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación do “Nadal no mercado”. Toda unha serie de actividades dirixidas a todos os públicos que se inicia este sábado coa gravación en directo do programa radiofónico de Radio Vigo Ser, “la guía gastronómica” conducido por Carmen Albo, autora do blog de cociña “guisándomela vida”. A gravación será dende o mercado municipal de 13h00 a 14h00.
Este Nadal o mercado municipal está de aniversario e celebrarao con dúas feiras. Por un lado, o fin de semana do 12 e 13 de decembro Adeto organiza o “mercado gastronómico e artesanal” en horario de 11h00 a 21h00 en horario continuo. Por outro lado, o 1º andar do mercado albergará un espazo gastronómico con postos de comida e bebida dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 12h a 15h00 e de 19h00 a 22h00.
Este Nadal, os máis pequenos contarán cunha programación dirixida a eles. Por un lado, contaremos con obradoiros de manualidades promocionados por varios postos do mercado en horario de 17h00 a 19h00. As datas será o 10 de decembro con “ a miña libreta decorada” co apoio de Bacalaos Barcas; o 15 de decembro con “decorar en nadal” promovido por Floristería Montse; e 18 de decembro con “a bola de cristal”, actividade promovida por Panadería Morales.
Ademais, contaremos con obradoiros de cociña para nenos de 5 a 12 anos. Haberá dúas turnas, unha os días 21, 22 e 23 de decembro e outra, os días 28, 29 e 30 de decembro.
Os obradoiros de cociña terán un custo de 5€, e os obradoiros de manualidades de 2€ salvo o do día 15 de decembro que será de 3€.
O mercado ademáis, organizará un sorteo co premio de 1.000€ e anuncia que a gravación do programa larpeiros da semana pasada sairá o día 24 de nadal.