O concello de Tomiño organiza un curso de verán para a formación de adultos Co fin de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre

O Concello de Tomiño organiza un curso de verán de formación de adultos co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre.

Os requisitos para a inscrición no curso serán:

  • Estar empadroado en Tomiño.
  • Ter cumpridos os 16 anos.

Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do mes de setembro será necesario:

  • Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia.
  • Ter cumpridos os 18 anos antes do 7 de setembro de 2017.

Os interesados, poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días: luns 26 de xuño e o xoves 29 de xuño (ata as 13:00 horas) de 2017, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro do concello xunto cunha fotocopia do DNI.

 

Durante o curso de verán de 2017,que dará comezo o próximo 3 de xullo, as clases terán lugar os luns, martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas na Aula CeMIT (Campo da Feira s/n, 36740- Tomiño).