O Concello de Tomiño organiza un mercado de queixos e viños no mercado municipal.

Viño e queixo é o tema escollido para este primeiro mercado que se celebra o xove 13, e no que os participantes ocuparán, por un día, os postos que o concello sacará subasta no próximo setembro. Desta forma o público poderá ver, a pleno rendemento, o 1º andar do mercado, concibido como espazo gastronómico e de encontro. O 1º andar do mercado de Tomiño é a aposta máis innovadora deste centro de compra local que aspira a ser tamén un lugar de referencia no mundo da gastronomía. Pequenos locais a prezos moi asequibles é a fórmula escollida polo concello para promover o autoemprego no municipio. Os mercados temáticos que se celebran neste mes de agosto pretenden que os futuros interesados podan ver estes postos en funcionamento. Nos mercados os participantes serán son maioritariamente da comarca, aínda que en cada especialidade se incluirán produtores doutras zonas para aumentar o atractivo dos mesmo e para fomentar o intercambio de experiencias. As adegas deste primeiro mercado da zona son: Pedregales, 15 parroquias, Maria Bargiela, Terra 1537 e desde Ribera de Duero chegará 3 ases co seu etnólogo Estarán acompañadas polas queixerías Cortes de Muar e granxa Xistral aos que se unirá o francés Eric Dafou que presentará a súa selección de queixos xigantes dos Alpes. Os viños e queixos poderán ser consumidos no mercado ou mercados para levar. O horario e de 10:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h



X