17 Nov 2015 O Concello de Tomiño organiza unha exposición sobre algunhas das mulleres galegas máis representativas da historia.

O Concello de Tomiño organiza unha exposición sobre mulleres galegas representativas na historia. Será unha mostra na que se porá en valor o esforzo e sacrificio de mulleres que pelexaron ao longo da historia co fin de acadar melloras na situación feminina da época.

A exposición ten nome de artistas como as pintoras Maruja Mallo e Julia Minguillón, actrices como María Casares, literatas como Concepción Arenal ou Xela Arias, ou guerrilleiras que formaron parte da resistencia contra o réxime franquista como Enriqueta Otero. Todas elas, mulleres que deixaron pegada na no seu tempo a través das súas obras e que hoxe forman parte da historia de Galicia.

A exposición forma parte da programación de igualdade adicada a conmemorar o día internacional contra violencia de xénero que será o vindeiro 25 de novembro, e está organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra.A mostra inaugurase o sábado 21 de novembro e poderase visitar no mercado municipal até o 6 de decembro.

A programación do 25 de novembro contará con outros eventos como un contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín dirixido a todos os públicos.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou “a importancia de por en valor o esforzo de moitas mulleres que teñen traballado para mellorar a nosa situación na sociedade.” González, adiantou que “a programación do 25 de novembro conta con máis actividades dirixidas a todos os públicos cun claro obxectivo de reflexionar sobre temas tan complexos como a igualdade e a violencia de xénero”.



X