11 Ago 2015 O Concello de Tomiño organiza unha exposición temporal de bosquexos de retratos de Antonio Fernández

O Concello de Tomiño organiza unha exposición de bosquexos de retratos de Antonio Fernández na aula colindante a Aula Museo Antonio Fernández en Goián. A exposición inaugurarase este domingo día 16 de agosto ás 11h coincidindo coas festas de San Roque e coa celebración da terceira edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández.
Os bosquexos pertence a Manuel Villa Troncoso (Mané) e que desinteresadamente cede para a exposición.
Os bosquexos retratan a diversas personalidades da emigración goianesa máis tamén a veciños e veciñas da contorna que pousaron para o ilustre pintor.
A exposición estará aberta ao público dende o 16 até o 30 de agosto.



X