01 Ago 2015 O Concello de Tomiño organiza unha recepción aos piragüistas tomiñeses triunfadores no Campionato do Mundo.

O Concello de Tomiño organizou esta mañán unha recepción aos piraguistas tomiñeses que regresaron esta semana de Montemor O Velho (Portugal) con tres importantes triunfos. Roi Rodríguez Huertas conseguiu o título de campión do Mundo en dúas categorías: K1 1000 metros categoría sub-23 e K4 1000 metros categoría sub-23. Alfonso Domínguez Rodríguez acadou Medalla de Bronce no C4 500 metros categoría junior, tamén no campionato do mundo.

O Concello de Tomiño quixo homenaxear a estos dous piraguistas agasallandolles ademáis con material deportivo.

No evento desta mañán, o equipo de goberno quixo tamén obsequiar con material deportivo a Rubén Millán, campeón do Mundo en en K-4 1.000 metros sub-23 no ano 2014, e que en quince días participará no campeonato clasificatorio preolimpico.

Os tres deportistas forman parte do clube Kayak Tudense e aos seus 20 anos levan colleitado triunfos tras triunfos por todo Europa.

Ismael Troncoso, concelleiro de deportes, resaltou o “esforzo de Roi, Alfonso e Rubén que adican horas e enerxía a cada día ser os mellores deportistas. O seu traballo está hoxe máis presente que nunca”.

A Alcaldesa de Tomiño dixo “queren transmitir o orgullo de todos os tomiñeses e tomiñesas por estos tres deportistas que levan o nome do noso Concello por todo o mundo e que día a día escriben páxinas de gloria para o deporte galego”. Segundo González “os éxitos destos deportistas é o triunfo das súas familias que consagran tempo e asumen importantes investimentos para que os seus fillos poidan adicarse a súa vocación. Tamén o é club kayak tudense que leva anos preparando a mozos e mozas da comarca e formandoos día a día para que poidan ser os mellores no que máis lles gusta”.



X