O Concello de Tomiño pon a punto os centros educativos para o comezo do curso escolar.

O goberno local de Tomiño ven de por a punto os centros educativos atendendo as necesidades do alumnado e profesorado. As melloras levadas a cabo aproveitando as vacacións estivais, revirtirán no mellor funcionamento dos centros.
Ademáis do mantemento do que se encarga o Concello ao longo do curso escolar, acometéronse melloras nas unitarias como Barro onde se arranxou a cuberta e foi tratada co fin de paliar humidades. Na unitaria de Vilachán, foron os baños o obxectivo das obras; e en Estás, ademáis de pequenas obras de mantemento, pintouse o interior da escola. O mesmo tratamento contra humidades e limpeza do exterior fíxose na escolas vellas do CEIP de Sobrada onde ademáis se acondicionaron unha aula de psicomotricidade, un aula de usos múltiples e se cambiaron ventás e pisos.
Por outra parte, no CEIP de Barrantes colocáronse dous novos baños, un para cada aula infantil e procedeuse a pintar diversos espazos.
En Goián, o CEIP Pintor Antonio Fernández arranxouse a aula de inglés e plástica ademáis de cambiar o chan por tarima flotante e de pintalos.
O CEP Pedro Caselles beneficiouse de melloras na cociña, da restauración de vaios mobres e de diferentes obras no exterior.
As obras xa foron rematadas e no curso escolar que dará comezo a vindeira semana, o alumnado e profesorado poderase beneficiar das melloras levadas a cabo.
A Alcaldesa, Sandra González, destacou “ o compromiso deste Concello coa educación”. Segundo González, “dende o equipo de goberno continuamos a mellorar as instalacións educactivas mais tamén seguimos colaborando de xeito directo cos equipos directivos e coas anpas co fin de axilizar e traballar de conxuntamente toda a comunidade educativa co fin de revertir no alumnado”.

Nesta liña de colaboración, enmárcase a creación do Consello Escolar Municipal, que ten coma propósito principal “axilizar e incrementar a colaboración entre os colexios, as Anpas e o Concello”.