O Concello de Tomiño pon en práctica unha iniciativa de composteiros comunitarios.

É un proxecto da Deputación de Pontevedra que busca fomentar a reciclaxe nos núcleos urbanos.

O Concello de Tomiño está presentando a iniciativa entre os comerciantes e veciños do Seixo e Goián.

O Concello de Tomiño está promovendo unha iniciativa de compostaxe comunitaria nos núcleos urbanos do Seixo e Goián. A inicitiva responde a un proxecto da Deputación de Pontevedra que procura a reciclaxe da materia orgánica por medio de composteiros comunitarios nos núcleos urbanos.
O fin é facer un uso responsable do contenedor verde no que moitas veces van a parar materias orgánicas recuperables e que poden ser recicladas ou o que é o mesmo, compostadas. Trátase de restos orgánicos como mondas e cascas de productos hortícolas, vexetais ou froitícolas.
Este é un proxecto da Deputación de Pontevedra que leva por nome Programa Provincial de Compostaxe Comunitaria que consiste na implantación de composteiros comunitarios nos núcleos urbanos nos que non é viable uso de composteiros individuais en cada domicilio.
O Concello de Tomiño atópase nestos días presentando a iniciativa a comercios e veciños e veciñas dos núcleos urbanos do Seixo e Goián. As illas de compostaxe colocaranse no segundo trimestre do ano 2016 en varios puntos do Seixo e Goián.
Actualmente, o servizo de recollida de lixo no municipio tomiñés é deficitario. É dicir, recauda menos do que paga polo servizo. En cifras, o Concello recauda 290.000€ mediante a taxa anual do lixo (39€ anuais por fogar) e gasta máis de 600.000€ en cubrir o servizo. Deses máis de 600.000€, 382.000€ van destinados a pagar a empresa encargada da recollida, Urbaser, e máis de 300.000€ ao seu tratamento d na planta que Sogama ten en Cerceda.
Ademáis dos gastos que supón a recollida e tratamento do lixo, unha normativa europea obriga a reciclar o 25% da materia orgánica. A lexislación é moi severa nesta cuestión e penaliza ás administracións que non cumplan coa normativa.
O sistema de compostaxe é un servizo que se leva posto en práctica en múltiples lugares. O pasado mes de setembro, os concellos da provincia de Pontevedra visitaron Navarra por mediación da Deputación de Pontevedra, onde puideron comprobar os excelentes resultados deste sistema de compostaxe comunitario en núcleos urbanos.
Actualmente, o Concello de Tomiño é o municipio que menos recicla da comarca e esta situación estase convertindo en problemática. O Concello de Tomiño para poder equilibrar a balanza precisa reducir entre un 30% e un 50% os restos de materia orgánica que deposita no contenedor verde.
As reunións informátivas para os veciños e veciñas do núcleo do Seixo será o luns 4 de xaneiro ás 20h00 no salón de plenos da Casa Consistorial e no núcleo de Goián o xoves 7 de xaneiro ás 20h00 no Centro Goianés.
A iniciativa de compostaxe está sendo levada a cabo pola concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez. Segundo Vázquez, o Concello de Tomiño “precisa reducir urxentemente o gasto en lixo. A materia orgánica ten a vantaxe de que é recuperable nun 80%. Os restos de horta e vexetais son perfectamente reciclaves xa que se pode facer compost que logo empregamos como abono de plantas.” A concelleira de Medio Ambiente, destaca o “compromiso do departamento no fomento do tratamento respetuoso co medio ambiente e para elo é preciso cambiar os hábitos como depositar todos os restos na bolsa de plástico que vai parar ao contedor verde. É unha prioridade municipal o fomento da reciclaxe coa que ademáis todos e todas conseguiremos manter a balanza equilibrada dos gastos municipais e polo tanto o bolsillo de todos os veciños e veciñas”.